Carral

As mil historias chegan a Facebook

Despois de que a exposición "Fotos para as mil historias de Carral" percorrera as parroquias do municipio, o departamento de Cultura quere manter vivo o espíritu colectivo do arquivo fotográfico local mediante as redes sociais. Por isto, acaban de lanzar unha páxina en Facebook titulada igual que a exposición, onde van colgando imaxes antigas da vila que forman parte da mostra e onde pretenden recabar máis aportacións da cidadanía. En tan só 15 días a páxina chegou aos 250 "me gustas", e subindo.

Tags: 

Páginas