Cerceda

La Fundación Telefónica reconoce un proyecto del CPI O Cruce

El colegio de O Cruce ha sido finalista del premio “Escuelas para la sociedad digital” que concede la Fundación Telefónica gracias a un proyecto que propone un cambio en la estrategia lectiva del centro, enfocándola a fomentar las competencias digitales del alumnado, la internacionalización y la integración en el mundo laboral en el futuro.

Tags: 

Cociña con temática do Samaín

A actividade “Coas mans na masa”, que se vai desenvolver en Cerceda os luns 9, 16, 23 e 30 de novembro, levará a temática do Samaín. O obradoiro de cociña terá lugar no Centro Cívico de 17.00 a 18.30 e o público ao que vai dirixido son os nenos de entre 4 e 12 anos.
A taxa para poder participar na actividade é de 6,75 euros e os participantes deberán levar un euro por día para adquirir o material necesario para o curso, que lle entregarán á monitora da actividade. Os nenos levarán para a casa unha mostra do realizado en cada sesión.

Tags: 

Obxectivo: A inserción laboral

Este mes púxose en marcha o Programa Experimental para o Emprego “ProEmprego”, que ten a finalidade de explorar novas alternativas de inserción laboral coas persoas demandantes de emprego seleccionadas do Servicio Público de Emprego que se atopan con especiais dificultades de acceso ao mercado laboral.

O Programa ProEmprego está promovido polo Concello e subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar. O horario de atención ao público é de 8.00 a 15.00 horas no Centro de Formación.

Tags: 

Ares e Santiago, destino do programa de viaxes do concello

O goberno local de Cerceda vén de publicar as súas excursións programadas para este outono. A primeira tivo lugar o sábado 26 de setembro con destino O Grove-Illa da Toxa e os próximos destinos son Ares e Santiago.

O 24 de outubro, os participantes deste programa de viaxes poderán coñecer Ares e disfrutar dun xantar-baile por 22 euros. As inscricións están abertas dende o 29 de setembro.O 5 de decembro o destino será Santiago con visita ao Museo Pedagóxico de Galicia e ao Museo do Pobo Galego. 

Tags: 

A ampliación de Sogama, a concurso

A Xunta de Galicia vén de licitar as obras de ampliación do complexo industrial de Sogama por un importe de 400 millóns de euros.

A actuación contempla a construción dunha nova planta para a recuperación dos envases de papel, cartón e plástico contidos no lixo en masa, prevendo que entre en funcionamento no ano 2017, así como a remodelación da actual nave de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible. Actualmente, Sogama é onde se procesa a maior parte do lixo doméstico xerado en Galicia, unhas 550.000 toneladas por ano.

Tags: 

Páginas