Cerceda

O Concello promove un curso de fotografía dixital para iniciados

Os cercedenses interesados no audiovisual teñen a oportunidade de apuntarse a un curso de fotografía que organiza o Concello para o próximo mes de outubro. As inscricións faranse ata o día 15 de setembro nas oficinas xerais do Concello e os alumnos deberán ter como mínimo 16 anos.

Tags: 

Paseos en grupo para maiores

Cerceda lanza o Programa Camiña, unha iniciativa para os maiores que queiran dar paseos en grupo. O obxectivo do goberno local é lograr que a terceira idade do municipio manteña unha vida activa.
As saídas teñen unha duración dunha hora e as inscricións poden facerse no teléfono 981 686 068 unha semana antes de cada paseo. As seguintes quedadas serán o 19 de maio en Queixas, o 26 de maio en Meirama, o 2 de xuño en Xesteda, o 9 de xuño nas Encrobas e o 16 de xuño na Cima de Rodís.

Tags: 

Páginas