Frades

Frades pecha a conta de 2014 con máis de 73.000 euros de remanente

En pleno extraordinario aprobáronse —coa abstención do BNG—  as contas xerais de 2014,  que pechan cun remanente de tesourería de 73.667,48 euros. Segundo o tesoureiro municipal, Manuel Marzoa, “se está facendo unha política de estabilidade e equilibrio sen descoidar o investimento”.

Tags: 

O municipio celebrará por primeira vez as súas Xornadas Micolóxicas

Coa chegada do outono, a recollida de cogumelos é unha das afeccións máis estendidas nos últimos anos en Galicia. Frades non quixo quedar atrás e este ano contará coas súas primeiras Xornadas Micolóxicas, que terán lugar o vindeiro 14 de novembro e serán coordinadas polo biólogo da Universidade de Santiago Martín Souto, que xa leva cinco anos realizándoas en Oroso.

Tags: 

Páginas