Frades

Comezan as obras de construción do Punto Limpo de Céltigos

No mes de agosto comezaron os traballos de creación do Punto Limpo de Céltigos, unha instalación que dará servizo aos concellos de Frades e Mesía na que a Consellería de Medio Ambiente investirá 263.178 euros. A delegada territorial na provincia, Belén do Campo, e mais os alcaldes dos municipios implicados, Roberto Rey e Mariano Iglesias, asinaron a acta de replanteo a comezos de agosto, co obxectivo de que esta iniciativa solvente os problemas de tratamento de residuos urbanos neses lugares.

Tags: 

Bonificación do 95% no IBI para granxas

A corporación fradense aprobou o establecemento dunha bonificación do 95% no Imposto de Bens Inmobles (IBI) para as edificacións nas que se desenvolven actividades agrarias e gandeiras do sector primario. A modificación da ordenanza fiscal municipal que rexe este imposto en Frades foi aprobada co voto a favor do Partido Popular e a abstención do Bloque Nacionalista. 

Tags: 

Páginas