Frades

Homenaxe aos concelleiros

O Concello de Frades celebrou este mes a súa derradeira sesión plenaria da lexislatura e, unha vez rematado, o goberno aproveitou para render homenaxe aos concelleiros que deixan a corporación, ao non presentarse ás eleccións do 24 de maio.
Miguel Prado Patiño —deputado autonómico e alcalde de Frades durante 25 anos—, Antonio Iglesias, Agustín Rey, Xesús Miguel Iglesias e Manuel Míguez recibiron un agasallo do Concello.

Tags: 

Páginas