Mesía

Miguel Iglesias: «Levamos desde finais dos 90 coa filosofía de facer rock en galego»

Fai dúas décadas, varios amigos de Mesía, Boimorto e outras zonas limítrofes decidiron xuntarse para pasar o rato tocando cancións. Unha cousa levou a outra e naceu Ith, banda de rock que está presentando por toda Galicia o seu último disco, "Forte".

Tags: 

O goberno difunde o concurso “Comparte, fai que a vexan”

O Concello de Mesía anima a participar no concurso “Comparte, fai que a vexan”, convocado na súa primeira edición polo Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Ordes con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o vindeiro 25 de novembro. 

Tags: 

Formoso preocúpase polo sector lácteo na súa visita ao municipio

A crise do sector leiteiro galego foi un dos temas tratados na reunión mantida polo presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o alcalde de Mesía, Mariano Iglesias, con motivo da visita do rexedor provincial ao municipio.

Iglesias explicou a Formoso a importante implantación que teñen en Mesía as empresas de produción láctea e doutros sectores industriais como a cerámica, unhas empresas que contribúen á xeración de emprego e á dinamización da economía local deste concello rural.

Tags: 

Páginas