Miño

O Submarino de Miño emerxe para reinventar a vida do pobo

Co I Frionorostro Festival presentouse oficialmente en Miño a Asociación Cultural, Gastronómica e Deportiva O Submarino, que foi fundada en 2012.

A súa presidenta, Susana Manso, asegura que agora foi cando se deron as condicións para poder sacar adiante este festival, que foi todo un éxito, co que acadaron o seu obxectivo fundamental: que os veciños disfrutaran coas festas. Trátase, apuntan, de reinventar as festas, coller o bo das celebracións de antes e engadirlle as cousas boas de agora.

Tags: 

Un paraíso convertido en pesadilla

Les vendieron una casa en el paraíso y lo que se encuentran cada día al entrar en la urbanización es maleza, tojos a pie de calle y unas condiciones tercermundistas que para nada estaban previstas. Este es el panorama que se encuentran los vecinos de Costa Miño que, cansados de que nadie se preocupe por la situación, se han organizado en la Asociación de Vecinos, Cultural y Deportiva Costa Miño.

Tags: 

A protección das carrizas ameaza os enrestrados de cebolas

Ser ceboleira en Miño era algo normal hai uns anos. Hoxe, o oficio pasa por horas baixas e as ceboleiras non ven atisbos de rexeneración xeracional, polo que poderiamos estar ante a última xeración de ceboleiras de Miño. Unhas ceboleiras que tamén terán que mudar as súas tradicións á hora de enrestrar as cebolas porque as carrizas, a espadana que usan para facer o trenzado de cebolas, está protexida e xa non poden ir a Ponte do Porco por elas así que, tal e como explica Carmen Cartemil, acabarán facendo o enrestrado de cebolas con cordón.

Tags: 

Páginas