Oleiros

Santa Cruz Aberta ao Mar quere facerse oír no pleno municipal

O pasado 11 de novembro celebrouse unha asamble da Asociación Cultural Santa Cruz Aberta ao Mar para dar conta das últimas noticias aparecidas no “Vivir Oleiros”, a publicación do concello, que anunciaba que antes de final de ano comezarían as obras na parcela do Maxi. Cren que en calquera momento empezarán as obras, “porque se non non tería sentido que despois de tanto tempo de silencio xurdira agora este anuncio”, pero xa adiantan que seguirán loitando ata o final e tentarán, por todos os medios, ter voz no pleno municipal, que é onde se toman as decisións, e non descartan mobilizacións

Tags: 

Páginas