Ordes

O goberno local espera sacar adiante o PXOM este 2016

O goberno ordense asegura que traballará arreo este 2016 para sacar adiante todos os proxectos máis prioritarios. Entre eles, o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, menciona o Plan Xeral de Ordenación Municipal, que aínda non conseguiu ser aprobado en pleno pola corporación total, e diversas actuacións de mellora nos camiños, centros escolares e parques do municipio, ademais doutras iniciativas para fomentar o comercio e os Servizos Sociais.

Tags: 

O PSOE denuncia o aumento de vertedoiros incontrolados en Ordes

O grupo socialista de Ordes chama a atención sobre a proliferación de vertedoiros incontrolados no municipio e solicitan ao Concello que actúe “para evitar estas agresións medioambientais e sancionar aos culpables”, sinala a voceira Verónica Gómez.

Os últimos focos de lixo atopados polo grupo do PSOE sitúanse en Poulo —un verquido de residuos procedentes da construción—, entre a estrada CP-3802 Ordes-Pontecarreira e a Rúa, e Vilamaior —un verquido de plásticos agrícolas—, na pista que vai de Casa do Monte ata Adrán.

Tags: 

Páginas