Ordes

San Pedro de Ardemil, escenario do I Feirón Adina

O Mesón do Vento acolleu este mes a primeira edición do Feirón Adina, no que houbo postos con produtos naturais de todo tipo. A cita foi ben recibida polos veciños da comarca de Ordes, que se achegaron á parroquia de San Pedro de Ardemil para mercar alimentos autóctonos, vacas, cabalos, porcos e, por suposto, obxectos artesanais como cestos.

Tags: 

«Antes daba gusto ir ás festas, vías a todo o mundo; agora non hai ninguén»

A súa paixón polo canto venlle case desde o berce e agora representa á comarca de Ordes no concurso “Recantos” do programa “Luar” (TVG). Alba Docampo xa é coñecida en Trazo —a súa vila natal— e os demais concellos da comarca por actuar cada verán en centos de sesións vermú e verbenas.

Tags: 

Melloras para o pavillón do Campomaior

A Deputación da Coruña comprometeuse a investir un total de 150.000 euros no arranxo do polideportivo do colexio Campomaior e o Concello de Ordes aportará os 108.500 euros restantes que fan falta para completar o proxecto.Tras facerse pública a subvención que aportará a Deputación, o alcalde ordense sinalou que o resto dos fondos serán achegados desde o executivo local, xa que se trata dun proxecto “moi necesario e importante para a comunidade educativa”.

Tags: 

Páginas