Ordes

Veladas galácticas en Ordes

O municipio ordense puxo por primeira vez en marcha o programa astronómico “Observando o cosmos”, no que tanto pequenos como maiores puideron coñecer as curiosidades do ceo e das estrelas, planetas e galaxias que o compoñen. As parroquias de Santa Cruz de Montaos e Leira acolleron as dúas primeiras xornadas e o vindeiro 5 de setembro terá lugar a derradeira, no campo de fútbol do Mesón do Vento. 

Tags: 

Ardemil homenaxea ao rural galego

A parroquia ordense de Ardemil reviviu este mes unha das tradicións máis importantes do rural galego. A histórica malla, o traballo que supoñía separar o gran da palla, congregou na localidade a centos de veciños e visitantes que gozaron dunha exhibición desta técnica labrega na que non faltou un xantar popular, música de baile, antigüidades e unha mostra de maquinaria agrícola e motos históricas propiedade do presidente da Asociación Castro da Croa, organizadora do evento.

Tags: 

José Luis Martínez: «O anterior goberno comprou votos con obras e agora a situación económica é delicada»

Tivo que agardar case un mes para tomar posesión, pero finalmente José Luis Martínez Sanjurjo foi investido como alcalde ordense. Este primeiro mes serviu para coñecer aos técnicos municipales e poñerse a traballar codo con codo con eles.

Tags: 

Páginas