Oroso

A memoria fotográfica de Victorino Verea

“A primeira cámara que usei foi unha que me trouxo de Estados Unidos un irmán que era músico na Escola Militar de Marín. Era unha Kodak e con ela aficioneime a sacar fotos, fun o primeiro en facelo nesta zona”. A pesar dos seus 88 anos, Victorino Verea, o primeiro fotógrafo ambulante de Oroso, fala con cariño dos seus comezos na fotografía, unha disciplina que compaxinou co seu traballo de agricultor durante toda a vida e coa que viviu numerosas historias locais.

Tags: 

Poesía sensorial para os máis cativos

Oroso organizou por primeira vez un espectáculo dirixido aos nenos de 0 a 4 anos, unha obra de poesía sensorial da que os pequenos gozaron coas súas familias no centro cultural.

 Durante media hora, a compañía Teatro da Semente representou “Chíos”, un espectáculo no que as actrices Raquel Queizás e Chus Álvarez interactuaron en todo o momento cos presentes a través de cancións, bailes, música, poemas visuais, xogos e estimulación olfativa e táctil.

Tags: 

Páginas