Oroso

Os orosáns, solidarios cos refuxiados

O Concello de Oroso vén de crear un rexistro de posibles acolledores de refuxiados de guerra, no que se poderán anotar todos os veciños do municipio que estean dispostos a dar asilo a persoas que foxen dos seus países por mor dos conflitos bélicos.O rexistro será levado directamente dende o gabinete de Alcaldía, en colaboración coa Concellería de Benestar Social.

Tags: 

O Cachopal e Ponte Arderís cumpren a maioría de idade

Dezaoito anos pasaron xa desde que foron inauguradas as áreas recreativas do Cachopal e Ponte Arderís, dous dos enclaves naturais máis frecuentados pola veciñanza de Oroso e por visitantes que queren gozar dun día de natureza e diversión ao aire libre.

Estas zonas verdes son xa maiores de idade e o Concello de Oroso continúa efectuando limpezas periódicas de maleza e lixo para mantelas coma o primeiro día. No caso de Ponte Arderís, incluso, a zona dispón dun punto de recollida de lixo propio.

Tags: 

Oroso destina 70.000 euros para mercar un tractor desbrozadora

Cos oito votos a favor de socialistas e nacionalistas, o pleno de Oroso aprobou unha modificación de crédito de 70.000 euros para mercar un tractor con desbrozadora e trituradora. O PP e Anova abstivéronse porque eses cartos eran para a construción do Centro Cívico de Oroso. Un centro que segundo o alcalde, Manuel Mirás, vaise facer aínda que non este ano.

Tags: 

Páginas