Oroso

Oroso lembra a batalla de Sigüeiro

O Concello de Oroso quixo lembrar, un ano máis, a batalla de Sigüeiro do ano 1846, o levantamento progresista das tropas de Miguel Solís contra o goberno conservador de Ramón María Narváez que tivo lugar o 13 de abril. Con este motivo, repartíronse na Biblioteca Municipal uns trípticos informativos sobre o enfrontamento, que tivo como un dos seus escenarios principais a ponte de Sigüeiro. 

Tags: 

Páginas