Paderne

Reunión del Grupo de Acción Local Sector Pesqueiro

O próximo día 13 de outubro ás 20 horas na Casa do Concello de Paderne está prevista a celebración dunha reunión informativa do Galp Golfo Ártabro Norte.
O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte, é unha entidade colaboradora da Consellería do Mar para a xestión das axudas do Fondo Marítimo e da Pesca 2014-2020, no ámbito territorial que abarca dende Narón ata Paderne.

Tags: 

Paderne despide o verán coa súa festa do Día da Familia

Paderne despediu o verán cunha nova edición do Día da Familia que se celebrou o pasado 27 de agosto. Unha festa que contou  coa asistencia dun gran número de familias que se uniron para pasar unha agradable xornada disfrutando da compañía de moitos veciños do concello.
 No comezo da comida, o alcalde César Longo, deulles a benvida agradecendo a súa participación neste día tan sinalado e, xa pola tarde, foi saudando mesa por mesa a tódolos asistentes.

Tags: 

Unha ducia de cativos fixeron uso das actividades

Unha ducia de pequenos de entre 3 e 12 anos fixeron uso das aulas de conciliación que o concello de Paderne puxo en marcha durante os meses de xullo e agosto.
Con este servizo, o concello pretende que as familias con fillos poidan conciliar mellor vida laboral e familiar durante as vacacións de verán. O alcalde, César Longo, compartíu cos pequenos algún rato desas xornadas de diversión e entretemento.
As aulas, guiadas por personal especializado na atención a menores, levaron a cabo actividades do máis diversas no baixo da Casa do Concello cun horario de 8:30 a 14:30 horas.

Tags: 

Páginas