Paderne

Melloras nas rutas de sendeirismo e áreas recreativas

O concello de Paderne solicitou, ao abeiro da convocatoria de subvencións do Fondo de Compensación Ambiental para o 2016, unha subvención para o proxecto “Recuperación e limpeza de rutas de sendeirismo e áreas recreativas”.
Con este proxecto, que ten un orzamento de 40.000 euros, quérese protexer o medio ambiente e o medio natural de Paderne, que conta con espazos protexidos como a Rede Natura 2000.

Tags: 

O Centro de Maiores celebra o seu oitavo aniversario

O vindeiro 10 de marzo todos os socios do Centro de Maiores de Paderne teñen unha cita co VIII aniversario do centro. A partir das 11.00 horas, un autobús recollerá aos participantes polas parroquias para achegalos a Cecebre, en Cambre, para coñecer a Casa-Museo de Wenceslao Fernández Flórez. Tras a visita haberá comida, sorteo de regalos e baile nun restaurante da zona.
Os interesados teñen ata o 7 de marzo para anotarse. O prezo é de 25 euros.

Tags: 

Paderne estivo na entrega dos Premios Camiño de Santiago 2015

O alcalde de Paderne, César Longo, acudiu a Santiago a recoller o Premio Camiño de Santiago 2015 polo traballo feito pola Asociación Mariñas Betanzos na mellora e rehabilitación do Camiño Inglés. Un Camiño que transcorre por terras de Paderne e polo que cada ano se achegan miles de peregrinos a Santiago.

Tags: 

Páginas