Paderne

Longo, moderador no Ceida

O alcalde de Paderne e vicepresidente da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, César Longo, moderou o pasado 22 de outubro a mesa redonda no foro “A perspectiva local na xestión do medio ambiente e dos espazos naturais”, que tivo lugar no Castelo de Santa Cruz en Oleiros. Alí, os concellos deron a coñecer as súas iniciativas neste eido.

Tags: 

Casa Beade, mecenas de novos viticultores da comarca

Casa Beade, a bodega que produce o Branco Lexítimo, dá un paso máis cara á promoción da viticultura cun proxecto coa mocidade da comarca das Mariñas. “Temos un acordo cuns rapaces moi interesados no mundo do viño e que actualmente atópanse traballando unhas parcelas que estaban abandonadas e onde había variedades de cepa”, indica José Luis Bouzón, propietario de Casa Beade.

Tags: 

Páginas