O Pino

Aberta a inscrición na Escola de Verán do CPI Camiño de Santiago

Os interesados en anotar aos seus rapaces de entre 3 e 12 anos na Escola de Verán do CPI Camiño de Santiago deberán dirixirse á Casa do Concello en horario de 10.00 a 14.00 horas. 
Do 1 de xullo ao 10 de setembro, os asistentes a este campamento realizarán, de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas, diversas actividades lúdicas e educativas como baile, animación á lectura, reciclaxe, cine, contacontos, deportes, obradoiros e moitos xogos, ademais dunha gran festa final.
O obxectivo desta Escola de Verán é axudar á conciliación familiar e laboral durante as vacacións escolares.

Tags: 

Páginas