Sada

O turismo medrou un 114,3% en 2015

A Oficina Municipal de Turismo recibiu no ano 2015 un 114,30% máis de visitantes e dende o concello aseguran que seguirán traballando para fortalecer Sada como “un destino de turismo patrimonial, cultural, gastronómico, medio ambiental, deportivo, náutico, comercial e por suposto económico”, segundo explicou o concelleiro responsable de Turismo, Liss Suárez Becerra.

Tags: 

O PP denuncia cobros irregulares

A principios de febreiro, os populares de Sada denunciaban que catro concelleiros da Marea, un do BNG e un do PSOE estaban cobrando soldos de forma irregular, ao cobrar un soldo do concello e outro de empresas públicas ou privadas “sin haber notificado su situación ni haber solicitado previamente la compatibilidad al Pleno de la Corporación”.
 Dende o PP non descartaban reclamar a devolución dos importes cobrados, así como solicitar outro tipo de medidas por considerar estos feitos moi graves.

Tags: 

As Brañas, o tesouro escondido de Sada

Entre silvas e plumachos, Sada esconde un dos seus maiores tesouros: o humidal das Brañas, o humidal urbano máis grande da península que aparece catalogado no Inventario de Humidais de Galicia. Un espazo no que o goberno sadense ten postas todas a súas miras e que, tal e como explica o concelleiro de Medio Ambiente, Liss Suárez Becerra, de aquí a dous anos vai sufrir unha transformación radical.

Tags: 

Páginas