Tordoia

“Ler conta moito” enche de actividade as bibliotecas de Cerceda e Tordoia

O libro e a lectura volven ser protagonistas do verán co programa “Ler conta moito”, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Ao longo destes meses, a Xunta ofrecerá un programa de 77 actividades en centros de 37 municipios galegos, entre os que se encontran as bibliotecas de Cerceda e Tordoia. Entre os actos previstos

Tags: 

Tordoia firma un convenio para ter de novo oficina de correos

O concello de Tordoia recuperará a súa oficina de correos e telégrafos novamente, despois de que o alcalde, Antonio Pereiro, realizase as xestións pertinentes, que consistiron en establecer un convenio co Servicio Estatal de Correos.
A oficina e o despacho de atención ao público permanecía pechado desde a xubilación do carteiro titular, fai aproximadamente un ano e medio, e desde o Concello de Tordoia manifestaron a súa intención de recuperar ese servizo o antes posible.

Tags: 

Obras para o aforro enerxético

O Director Xeral de Industria, Bernardo Tahoces, visitou o municipio de Tordoia o pasado 27 de marzo para comprobar as obras integradas no Proxecto de Aforro Enerxético do ano 2014 que se levaron a cabo en Vilar e Castrillón (Cabaleiros), Abongo (Leobalde) e O Castiñeiro (Andoio). Estas melloras consistiron na colocación de 94 luminarias, entre outras cousas, e supoñen unha inversión de 40.000 euros.

Tags: 

Páginas