Touro

A castaña, protagonista

Touro dedicará o vindeiro mes ao produto estelar do outono, a castaña, celebrando a VI Feira deste froito, ademais de render homenaxe aos cogumelos nas XI Xornadas Micolóxicas, que congregan a ducias de afeccionados á gastronomía.O día 5 de novembro, coincidinco co tradicional mercado, terá lugar a Feira da Castaña, na que haberá un magosto popular e unha mostra de doces feitos a base deste alimento.

Tags: 

Páginas