Trazo

Trazo organiza a I Carreira Pedestre de Disfraces o día 6

O Concello de Trazo quere animar aínda máis o entroido e para iso organiza a primeira edición da Carreira Pedestre de Disfraces. Terá lugar o día 6 de febreiro en Viaño Pequeno e xa avisan: non será unha carreira habitual, para participar é imprescindible acudir disfrazados. A saída será desde o pavillón polideportivo de Viaño Pequeno e o percorrido será de 1,5 km (maiores) e 400 metros (infantil). Os pequenos sairán ás 11.00 horas e os adultos farano ás 11.45. Os inscritos deberán estar anotados 30 minutos antes da saída e haberá premios para o 1º, 2º e 3º posto.

Tags: 

Maxia, artesanía e festa en Viaño Pequeno

O Nadal chega cargado de actividades culturais e educativas en Trazo, con obradoiros de artesanía e espectáculos. Un deles será o show de maxia de Dani García titulado “Volta á maxia”, que terá lugar o vindeiro 30 de decembro no centro social polivalente de Viaño Pequeno.
A actuación do mago ten entrada libre e fará gozar tanto a nenos como adultos en horario de 17.00 a 18.00 horas.

Tags: 

Páginas