Entorno Compostela

O Concello solicita á Xunta dous novos obradoiros de emprego

O pleno municipal acordou por unanimidade solicitar á Consellería de Economía, Emprego e Industria dous obradoiros de emprego novos para desenvolver conxuntamente co Concello de Frades. As execucións previstas en Ordes serían as obras nas unitarias de Santa Cruz de Montaos e Buscás, o parque Pilar Martínez Viqueira, o edificio da estación da Pontraga e o acondicionamento de espazos verdes. Conxuntamente entre os dous concellos está previsto un investimento que supera os 700.000 euros.

Tags: 

Homenaxe a un xenio da veterinaria

O autor orosán Diego Conde Gómez vén de presentar o seu traballo sobre un auténtico revolucionario da veterinaria galega: Juan Rof Codina. Conde elaborou un traballo sobre a innovadora labor de Rof Codina, que transformou as bases da veterinaria, co que acaba de gañar o Premio Jesús García Calvo —que convocan o Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega) da USC e a Fundación Feiraco para recoñecer investigacións que contribúan ao coñecemento e desenvolvemento do medio rural en Galicia—.

Tags: 

Miguel Iglesias: «Levamos desde finais dos 90 coa filosofía de facer rock en galego»

Fai dúas décadas, varios amigos de Mesía, Boimorto e outras zonas limítrofes decidiron xuntarse para pasar o rato tocando cancións. Unha cousa levou a outra e naceu Ith, banda de rock que está presentando por toda Galicia o seu último disco, "Forte".

Tags: 

Trofeo de ciclismo en O Pino

O domingo 28 de febreiro celebrarase en O Pino a terceira edición do Trofeo de Ciclismo do Concello de O Pino, unha proba da Federación Galega de Ciclismo organizada polo Clube Ciclista Asociación Galega de Ciclistas e que formará parte da I Challenge de Ciclismo CCAGC. As probas disputaranse nas categorías Máster 30, Máster 40, Máster 50 e 60 e realizaranse sobre un percorrido de 69,2 km a partir das 10:30 horas da mañá.

Tags: 

Páginas