Entorno Compostela

O PSOE denuncia o aumento de vertedoiros incontrolados en Ordes

O grupo socialista de Ordes chama a atención sobre a proliferación de vertedoiros incontrolados no municipio e solicitan ao Concello que actúe “para evitar estas agresións medioambientais e sancionar aos culpables”, sinala a voceira Verónica Gómez.

Os últimos focos de lixo atopados polo grupo do PSOE sitúanse en Poulo —un verquido de residuos procedentes da construción—, entre a estrada CP-3802 Ordes-Pontecarreira e a Rúa, e Vilamaior —un verquido de plásticos agrícolas—, na pista que vai de Casa do Monte ata Adrán.

Tags: 

O informe do PXOM, antes de fin de ano

Patrimonio comprométese a emitir antes de fin de ano o informe sobre o PXOM de Frades. Esa é a conclusión da reunión mantida entre o alcalde fradense, Roberto Rey, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a directora xeral do Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez, co obxectivo de analizar o estado de tramitación do informe do Plan Xeral.

Tags: 

Páginas