|
|
A Deputación
investirá 94.000 euros na travesía do Lengüelle
A Deputación da Coruña inviste
94.000 euros nas obras de acondicionamento da travesía de
Lengüelle, o que supón a totalidade do proxecto previsto.
A iniciativa implica que a travesía pasará a ter unha
plataforma de dous carrís de 3,50 metros de anchura cada
un e unha beirarrúa cunha anchura de entre 1,50 e 2 metros,
co correspondente separador da calzada.
|