As bibliotecas municipais de Carral contan con 1.620 socios

O 2016 foi un bo ano para as bibliotecas municipais de Carral que pecharon o exercicio con 1.620 socios. A infantil foi a biblioteca que máis medrou en 2016, con casi un centenar de novos socios.
Xunto co servizo de préstamos, as bibliotecas organizan anualmente unha campaña de animación á lectura que comenza no mes de outubro e remata no mes de maio. Trinke Trinke presentou os seus “ratiños de biblioteca” todos os últimos xoves de mes na biblioteca infantil que sempre colga o letreiro de completo. Para os máis cativos, de cero a tres anos, a biblioteca infantil tamén ten programación especial con actividades dirixidas para eles con espectáculos como o de Migallas Teatro que contou cun gran número de espectadores.
Obradoiros, musicais como O Gaiteiro Cabezudo, obradoiros de marionetas e obradoiros con material de refugallo, completaron as actividades das bibliotecas ao longo do pasado ano. Actividades ás que hai que sumar a Festa do Samaín que ofreceu xogos, obradoiros e actividades relacionadas cos libros e que foi todo un éxito.

Incremento do material en préstamo
Ao longo do 2016 medrou o material levado en préstamo das bibliotecas municipais. Con respecto ao ano 2015, incrementouse nun 30% os préstamos tanto de libros como de material audiovisual, sendo os lectores infantís os que máis libros en préstamos levaron para casa.
Este servizo de préstamo funciona tanto na biblioteca infantil, ubicada no entorno do colexio de Carral, como na Biblioteca Pública Municipal, ubicada na Casa da Cultura.

Máis de 14.000 rexistros nas bibliotecas
Na actualidade os fondos da biblioteca supera os 14.000 rexistros entre a biblioteca central e a biblioteca infantil.
A biblioteca infantil, que comenzou a funcionar en febreiro de 2011,conta cun fondo bibliográfico axeitado aos máis cativos con material bibliográfico e lúdico así como moitos volumes de libro-xogo, puzzles, troquelados e material audiovisual. Unha biblioteca, a infantil, que nace para achegar o mundo dos libros aos máis cativos.
Uns fondos, que sumados aos libros en formato tradicional da Biblioteca Pública Municipal, suman esos máis de 14.000 rexistros entre os que se atopan gran número de rexistros para adultos e público xuvenil. Unha biblioteca, esta última, tamén habilitada como espacio para o estudo.

Tags: