Carral conta con nova comisión

En novembro presentouse a nova Comisión de Festas de Carral, que conta con xente moza do pobo. O obxectivo desta comisión é  recuperar as grandes festas de Carral algo que, apuntan, estábase perdendo.
Dende a comisión asegura que este primer ano vai ser duro pero esperan contar coa colaboración dos veciños para facer unhas grandes festas do Socorro como as que se vivían hai anos no pobo donde había actividades durante todo o día e para todos os públicos con fin de que haxa ambiente festivo durante todos os días do Socorro.
A comisión, que quere ser o máis transparente posible, xa puxo en marcha unha páxina de Facebook para que todo o mundo poida saber que fan. Nesta páxina xa informaron, por exemplo, do Sorteo da Cesta de Nadal con productos dos comercio de Carral  que lle tocou a Goiko de Ordes.
De aquí ás festas do Socorro, a nova comisión pretende levar a cabo outras accións como a do sorteo de vales de compra no comercio de Carral que se vai levar a cabo en abril ou a celebración do San Xoán con churrascada e actuación musical. Sen dúbida un bo anticipo do que será a gran festa pola que traballa esta comisión, o Socorro de Carral. 

Tags: