“Machismo no fogar” a obra de radioteatro dos alumnos de 4ºB

­Co obxectivo de reflexionar sobre a desigualdade e reaccionar ante ela, os alumnos da ESO do IES David Buján participan este ano no proxecto “O Mundo que Queremos”, un proxecto de Educación en valores financiado por Cooperación Galega, no que participan outros cinco institutos de Galicia.
A través de programas radiofónicos, como os que gravaron o pasado 7 de febreiro, os alumnos de 3ºB, falan e reflexionan sobre a desigualdade en xeral e, esta clase concretamente, sobre a desigualdade de xénero.
Para elo, traballaron durante un mes nun programa de radio onde ademais do boletín de noticias no que traen a primeira liña o tema de violencia de xénero, tamén abordan a problemática dende a música ou o teatro. Cancións como Despacito, Safari o El Amante, son gravadas para este programa de radio porque, a entender dos alumnos, son cancións que abordan temáticas moi machistas. Un machismo que é o principal protagonista da obra de teatro que eles mesmos escribiron e que leva por título “Machismo no fogar”.
Unha obra que se resume moi ben nesta anaco de conversa entre dúas rapazas. Unha asegura que “as mulleres estamos no mundo para coidar aos nosos homes” e a outra lle responde “que está farta e que quere un mundo sen desigualdades”.
Na mesma liña diseñan unha publicidade coa que animan a denunciar a violencia de xénero e a colaborar todos para alcanzar a “igualdade e a liberdade do mundo que queremos”.
Un programa 100% reivindicativo a prol da igualdade de xénero e en contra da violencia de xénero, que estivo dirixido pola voluntaria de Agareso, Rocío Cadahía.

Fotografías para denunciar a desigualdade
E mentres en 3ºB gravaban o programa de radio, en 4ºB traballaban nun proxecto fotográfico co que se pretende mostrar a fotografía como ferramenta para loitar e denunciar desigualdades. Conducidos por Óscar Vázquez, os alumnos reflexionan sobre as desigualdades e intentan plasmar todo iso a través de fotografías  protagonizadas, en moitos casos, polos propios compañeiros.
Durante o taller xurdiu o tema da violencia de xénero que un grupo de rapaces queren representar con dúas fotografías nas que se vexa ao home mirando a televisión e á muller facendo as labores domésticas. Estas son só un exemplo das fotografías que formarán parte deste proxecto onde tamén haberá sitio para o racismo e para coñecer a vida da comunidade senegalesa na Coruña.
Vázquez sinala que “xeralmente os rapaces e rapazas están bastantes interesados en falar sobre discriminación de xénero e aínda que identifican ben a agresión, outras formas de discriminación non as ven tan fácilmente. Tamén lles interesan temas como o racismo e a homofobia pero lles costa un pouco visualizar que foto poden facer para falar deses temas”, apunta Óscar. Todas as fotos poderán verse a través dun vídeo fotográfico que chegará a todos os alumnos e a toda á comunidade educativa. De feito, para achegar a mensaxe ao maior número de persoas posibles, non se descarta incluso levar as fotografías a unha exposición na rúa, tal e como adianta Óscar.
 Xunto coas fotografías que aporten os alumnos, o proxecto complétase coa gravación dun video no que, con teléfonos móbiles, pódese ler a frase “Non discrimines”.
 O proxecto completarase con outros obradoiros como o de teatro que chegará ao IES de Sigrás no mes de marzo.

 A realidade senegalesaen fotografía 
Bárbara Santos é unha das alumnas de 3º B que xa está traballando para plasmar en fotografía a realidade da comunidade senegalesa na Coruña. Tal e como explica, todo depende de contactar co embaixador de Senegal que estivo na Coruña para achegarse da súa man a esta comunidade.
 O que pretende dar a coñecer Bárbara é a realidade da comunidade senegalesa porque lle consta que nela se viven situacións de desigualdade.
 “Siempre me gustó tanto el tema de ayudar a las personas como el tema de la fotografía y meter un tema como la fotografía relacionado con la ayuda a los demás me engancha mucho más”, señala Bárbara que recoñece que moitas veces a mocidade “vemos las desigualdades pero lo pasamos un poco por encima pero, si paramos y debatimos sobre estos temas como ahora, a mí si me hace reflexionar sobre la desigualdad”, conclúe esta alumna do David Buján.

Tags: