O CRA, o luxo da educación individualizada

­A pesar de que as escolas con baixas ratios de alumnos obteñen mellores rendementos académicos, as unitarias en Galicia van cada vez a menos. En Culleredo, perviven agrupadas dende o curso 2005-2006 no Centro Rural Agrupado, CRA. Alí fórmanse este ano 67 alumnos baixo a supervisión de 11 profesores.
Este CRA, que foi o primeiro que se formou na área metropolitana da Coruña, acaba de recibir o premio Concepción Arenal polo proxecto educativo pola igualdade de xénero “Son eu”.  Tal e como explica Alba Sardá,este proxecto xurde dende o proxecto de centro que se desenvolve este curso no CRA :  “A miña historia é historia”.
O CRA é todo ventaxas, segundo o equipo docente que asegura que ademais de contar con todos os recursos que teñen os CEIPs, contan cunha educación moi familiar e moi individualizada que en centros máis grandes é imposible ofertar. Aquí, explican os profesores, estanse aplicando esas novas pedagoxías que tan de moda están na actualidade como son as intelixencias múltiples de Gardner e a educación emocional. “Todas esas filosofías das novas pedagoxías das que se fala estamos aplicándoas no CRA de Culleredo donde desenvolvemos unha aprendizaxe aberta”, sinala o equipo docente.Os profesores tamén inciden no enriquecedor que é para os alumnos, e para eles mesmo,s o traballo con tres niveis diferentes. “Os maiores fanse moito máis responsables porque queren coidar dos pequenos e os pequenos evolucionan moito máis porque teñen como modelo aos máis maiores”, sinala Beatriz Pablo. Unha afirmación que confirma Alba Sardá sinalando que “está científicamente documentado que é maior o desenvolvemento en todas as competencias. Eu veño de primaria e secundaria e a diferencia é moi notable, sobre todo en lóxica-matemáticas e lectoescritura. A capacidade que adquiren por comunicación bidereccional, de traballo entre iguais, é enorme”, explica.
É así como, comentan, rapaces de tres anos estén traballando os números ata o 31 porque absorben todo o que lles están ensinando aos máis grandes.
 Unha ensinanza diferente e moito máis individual porque, tal e como explica o equipo docente, coa ratio que teñen por aula poden traballar con cada alumno de forma independente ao ter máis tempo, e contar cos mesmos medios, especialistas, apoios e recursos que teñen os colexios máis grandes. De feito, apuntan, antes de chegar as pizarras dixitais ás aulas dos CEIPs, o CRA xa as tiña.

Sen problemas de prazas
“Aquí entran todos, non me acordo a última vez que se baremou”, apunta a directora do CRA Silvia Neira, que aspira a manter abertas as cinco aulas do Centro Rural Agrupado aínda que é consciente que a falta de rapaces no rural complica as veces manter as unitarias.
Por ahora, explica, en Culleredo non teñen problemas deste tipo porque hai familias que apostan por este modelo educativo e están chegando ao CRA alumnos dende concellos como Carral, Cambre, Arteixo, Oleiros e A Coruña, así como rapaces de Culleredo que non están no radio de acción das unitarias. “As familias veñen porque están convencidas que a nosa metodoloxía e este tipo de escola é o que máis lles gusta”.
Silvia Neira explica que o CRA é un colexio aberto donde, a interacción de rapaces de tres, catro e cinco anos, fai que temas como a adaptación ou ir ao baño no supoñan problema algún para os cativos.
“O CRA é un luxo para os nenos e para os profes”, conclúe o equipo docente do CRA de Culleredo que alaba a implicación das familias no proxecto educativo do centro.
 Convencidos de que a falta de servicios adicionais como madrugadores ou comedor é o que frena a matrícula nas aulas do CRA, a directora do centro destaca a familiaridade e a flexibilidade de horarios como outras das ventaxas frente aos colexios máis grandes.

Un trimestre adicado aos avós 
“A miña historia é historia” é o proxecto do CRA de Culleredo para este curso escolar no que os alumnos fan un percorrido polo súa propia historia persoal.
Historia na que toma un papel relevante, neste trimestre, a figura dos avós por ser unha fonte importante de coñecemento. Son eles os que están acudindo as aulas do CRA a contar vivencias, contos  ou anécdotas dos propios cativos.
Un traballo que se completa cunha actividade de ruralart, onde os cativos van plasmando cousas da Galicia rural que logo se poderán ver nun libro. Tamén elaborarán un manifesto que ten como obxectivo dignificar a figura dos avós a través de reflexións sobre a importancia dos avós.
Neste trimestre, os cativos do CRA deseñan ademais un diccionario con nomes de mulleres e cousas bonitas para dicirlles e analizan as diferencias entre as aldeas de antes e as de agora. Todas estas actividades, programadas dende a biblioteca e que chegan aos cativos a través das maletas viaxeiras, parten da lectura dun conto que chega semanalmente ás aulas.
Mentres no segundo trimestre están abordando conceptos como de onde vimos e a onde imos así como as persoas máis importantes nas nosas vidas, no primeiro trimestre os cativos do CRA empezaron investigando quen eran e como eran, a través de actividades do máis diversas.
Traballaron os cambios da cara co paso do tempo (no eido da arte), os tipos de familias (en filosofía), investigaron os materiais da roupa (en lóxica-matemática), falaron da viaxe en familia máis importante que se plasmou nunha plataforma de google (no eido das novas tecnoloxías) e en literatura fixeron cancións e adiviñas sobre o embijo.
&
nbsp;Museo de cousas antigas
O proxecto remata cun trimestre, o terceiro, centrado no pasado para que os cativos vaian descubrindo para que serven cousas que hai na casa descoñecidas para eles.
 Todo ese traballo dará orixe a un museo que o CRA elaborará de cara a final de curso para dar a coñecer todas esas cousas que os máis cativos vaian traendo e así poder amosarllas a outros rapaces.
Para que ese museo esté o mellor estructurado posible, o profesorado estase preparando a través dun plan de formación permanente en ipads, para facer o museo con códigos QR e realidade aumentada, e recibirán docencia tamén da coordinadora do Muncit para aprender a catalogar e sacarlle o máximo partido aos artigos que achegen os alumnos.Ademais das actividades organizadas pola biblioteca, as clases traballan arredor do proxecto todo o curso e todas as actividades plantexadas xiran en torno a este proxecto. De feito, na festa de entroido que celebrarán o 24 de febreiro, todos irán disfrazados de choqueiros.
De todo o que fan no CRA dan conta no blog de cada aula e na web do CRA.

Tags: