O Consello Escolar Municipal terá que esperar

Os socialistas reclaman a posta en marcha dun Consello Escolar Municipal para abordar os problemas que Arteixo ten en materia de educación.
 Problemas entre os que destacan a falla de infraestructura e persoal docente nos centros públicos ao tempo que pide ao goberno que se pronuncie sobre a problemática do IES Manuel Murguía en relación co peche dos baños durante a xornada lectiva así como sobre o regulamento que opta pola expulsión dos estudantes como método preferente fronte a outros que redunden no seu desenrolo educativo.
Dende o goberno local, a concelleira Celina Varela, asegura que a corto plazo o goberno non ten previsto poñer en marcha ese Consello Escolar Municipal porque os directores dos centros educativos de Arteixo non teñen moi claro a utilidade deste consello cando xa todos os colexios contan con Consellos Escolares. Os directores comentaron á concelleira que é un tema que habería que analizar en profundidad para ver a súa posible utilidade.

Tags: