Dous muíños de Costa da Égoa vanse poñer en funcionamento

Cun investimento de 40.000 euros, o concello de Carral vai levar a cabo un proxecto de acondicionamento parcial do conxunto etnográfico “Muíños Costa da Égoa”. O proxecto, que suporá a mellora dalgunhas construcións así como do acondicionamento do sendeiro que une os dez muíños cedidos no seu día ao concello, tamén servirá para poñer a funcionar dous deses muíños e poder ver, in situ, a elaboración da fariña.
Con esta actuación, que financia íntegramente o concello con fondos propios, preténdese converter o conxunto etnográfico nun verdadeiro centro de interpretación e contribuir a conservar a memoria dun oficio e dun tempo pasado que tanto peso tivo, e segue tendo, no concello de Carral.

 Actuación en oito muíños
O proxecto recolle traballos de mellora en oito dos dez muíños que se agrupan no complexo etnográfico de Costa da Égoa.
Os traballos centraranse en reposición de tellas das cubertas que se atopan en mal estado, limpezas de cubertas e actuacións de electricidade para dotar de iluminación a algúns muíños. En aqueles que se atopan en peor estado, levaranse a cabo traballos de limpeza da mampostería de pedra.
 Nos muíños que se van a poñer a funcionar, concretamente o número 2 e número 6, vanse levar a cabo diversas actuacións. No caso do muíño número 2, vaise cambiar as pedras de moer e arranxarase o resto de pezas precisas para poñer a funcionar o muíño.No caso do muíño número 6, o seu bo estado só obrigrará a repasar o mecanismo, proceder á limpeza e sustituir as pezas deterioradas.
Os traballos, que están a punto de contratarse, estarán rematados antes de verán.

Tradición panadeira
Este complexo de muíños, deixa constancia da tradición de panadeiros que ten Carral. Alí, era donde os muiñeiros facían a fariña que despois utilizaban para facer o pan de Carral. Un pan característico e de gran calidade que leva anos loitando por contar cun selo de calidade que o idenfique, como xa teñen os elaborados noutras zonas de Galicia. No mes de maio, o concello celebra a súa Festa do Pan que este ano alcanzará a XV edición.

Tags: