Rapaces de 4º da ESO aprenden as bases dunha boa condución

Este mes celebrouse unha nova edición das xornadas de educación vial organizadas nas instalacións que con este obxectivo mantén a Policía Local de Foz, preto do porto. Os nenos e nenas de 4º de ESO gozaron dun paseo en bici ou kart mentres aprendían. “Me lo paso muy bien y aprendo las normas de circulación que son muy importantes para no tener accidentes” conta Rida Jalal. Azahara Chao explica que “ensínannos a circular en bici, a poñer o casco para non nos facer dano e a respectar os sinais de tráfico”. Jesús Amor Prieto, xefe da Policía Local, explica que son clases moi prácticas coas que se pretende facer chegar aos rapaces cuestións básicas de seguridade vial. 

Tags: