A alcaldesa quere un enlace en Arroxo coa Nacional

A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez, cre necesario construír unha rotonda ou un enlace en T en Arroxo, para unir a estrada da Deputación 2802 —que vai dende San Xorxe ata Arroxo— coa Nacional 634. Este enlace “faríase nuns terreos que a día de hoxe parte deles xa están expropiados polo Ministerio de Fomento”, explicou. Álvarez reuniuse a finais do mes pasado co responsable da Demarcación de Carreteras del Estado en Galicia. “A reunión de onte foi moi positiva, non soamente por traer o compromiso de facer ese enlace da A-8, que xa no seu día manifestara o secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Fomento, Manuel Niño, senón que ademais vaise estudar a problemática dos desbordamentos do rego de Recimil”, sinalou a rexedora.

Tags: