O Concello regula a presenza de mascotas nos espazos públicos

O Concello do Vicedo aprobou unha ordenanza pola que restrinxe a presenza de animais nos espazos públicos, como praias ou prazas, de maio a setembro. 
En concreto, os usuarios destes espazos só poderán levar ás súas mascotas antes das dez da mañá ou despois das nove da noite. O alcalde, o popular Jesús Novo, explica que a decisión está motivada polas “protestas” de “varios usuarios” de praias como a de Area Grande, en San Román, moi utilizada polas persoas que viaxan cos seus animais.
Novo lembra que coa nova ordenanza “ninguén prohibe nada e os usuarios só deben adaptarse aos horarios”, e non cre que sexa “contraproducente” para o turismo, malia que non hai praias abertas aos cans en toda a comarca de A Mariña.

Tags: