Os pícaros aprenden a crear fósiles de dinosauros

Uns 25 nenos e nenas do Vicedo participaron nun obradoiro impulsado pola cooperativa con sede en Ribadeo Mau Marela, “Crea fósiles de dinosauros”, que se encadra dentro do programa de animación á lectura da Xunta de Galicia e mailo Concello do Vicedo “Ler conta moito”.
O alumnado de segundo a sexto de primaria tivo a oportunidade de gozar de xeito gratuíto dun taller no que realizaron tódolos pasos para elaborar, con area, xeso e plastilina, un fósil dos animais. A intención é estimular o interese dos participantes polos dinosauros, extintos hai millóns de anos pero que seguen a facer voar a imaxinación dos nenos polo seu tamaño e acapacidades.
Entre as actividades do programa ‘Ler conta moito’ houbo un contacontos a cargo de Trinketrinke Teatro, coa intención de inspirar hábitos de cociña saudables, e outro con Raquel Galavís que incluíu cancións e coreografías, destinados a nenos de infantil e primaria.

Tags: