Loureiro acorda cos sindicatos xestionar directamente a piscina

A alcaldesa de Viveiro e mailos representantes dos traballadores da piscina municipal mantiveron unha xuntanza na que acordaron a xestión directa das instalacións polo Concello.
Ante a proximidade do 1 de decembro, data límite no que a empresa xestora, Turviveiro, debería disolverse polas débedas que acumulou nos últimos tres exercicios, os traballadores defenderona necesidade da xestión directa do servizo por parte do Concello.
Sen embargo, xuridicamente non será posible a subrogación dos empregados, polo que será necesario un concurso para cubrir as prazas. O BNG pediu á alcaldesa “que non utilice o Concello como local electoral”, mentres que Son Viveiro preguntouse se co procedemento se manterán “tódolos postos de traballo”.

Tags: