O BNG avoga pola construción dun carril bici

O BNG de Viveiro mostrou na súa páxina web un listado de propostas concretas para o municipio, en total 123. Unha das máis chamativas é a da construción dun carril bici para o núcleo.
Os nacionalistas propoñen tamén a creación dun servizo municipal de aluguer de bicicletas públicas.
Respecto á economía e o emprego, “a nosa prioridade”, os nacionalistas propoñen a creación dun plan de emprego para integrar á mocidade no mercado laboral e impulsar un viveiro de empresas. Comprométense a realizar uns orzamentos participativos e a reducir a débeda, tamén a baixar o tipo impositivo do IBI no tocante á facenda.
A creación dun patronato de turismo é unha vella reivindicación que o BNG de Viveiro retoma de cara ás vindeiras eleccións. Tamén propón organizar unha liña de autobús ata as praias.
Outra das ideas retomadas polos nacionalistas é impulsar unha mesa de comercio.
Tamén avogan pola creación dun comedor social.

 

Tags: