O parque municipal conta con novos aseos

O parque municipal, que se ubica fronte á praza do Centro Cívico de Xove, conta cuns novos aseos.
O Concello construíu nun lateral da parte traseira do pavillón de deportes uns locais destinados  a este fin, adaptados para o seu uso por persoas con discapacidades.
Segundo explica o goberno local nun comunicado, coa actuación satisfaise “unha demanda dos usuarios”.
Dende o Concello de Xove resaltan que o parque municipal é “un lugar central” do pobo, polo que pasan cada ano “moitísimas persoas, dende pais e nais con nenos ata maiores”.

Tags: