Formoso preocúpase polo sector lácteo na súa visita ao municipio

A crise do sector leiteiro galego foi un dos temas tratados na reunión mantida polo presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o alcalde de Mesía, Mariano Iglesias, con motivo da visita do rexedor provincial ao municipio.

Iglesias explicou a Formoso a importante implantación que teñen en Mesía as empresas de produción láctea e doutros sectores industriais como a cerámica, unhas empresas que contribúen á xeración de emprego e á dinamización da economía local deste concello rural.

O presidente da Deputación anunciou que vai aportar 46.554 euros ao municipio para axudar no mantemento das actividades da Aula da Natureza e no Museo Etnográfico de Brañas de Valga,  que van encamiñadas a difundir a riqueza natural da zona. Formoso destaca a importancia de impulsar accións para fomentar o desenvolvemento social e económico dos concellos rurais da provincia.

Tags: