As castañas e os cogumelos reúnen a centos de persoas en Fonte Díaz

A feira do día 5 tivo este mes un carácter especial grazas á celebración do tradicional magosto e a VII Feira da Castaña de Fonte Díaz. Os veciños tiveron a oportunidade de degustar este froito de varias maneiras, incluídos platos doces.
Centos de castañas asadas servíronse diante da sede do Concello en Fonte Díaz, ademais de biscoitos e outros postres elaborados con este froito. Esta degustación animou aínda máis a habitual feira do día 5 en Touro, que adoita congregar a moitas persoas nos postos de polbo.
Por outra banda, do 5 ao 7 de novembro tiveron lugar as XI Xornadas Micolóxicas, que levaron ao CPI Fonte Díaz charlas sobre estes fungos e remataron cun roteiro o sábado 7 para recoller exemplares no monte, uns cogumelos que máis tarde foron clasificados. Esa xornada rematou coa cata de tapas a base de castañas e cogumelos nos establecementos hosteleiros de Touro.

Tags: