Enmendas aos orzamentos galegos 

O PSdeG-PSOE presentará varias emendas aos orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2016 a iniciativa do Grupo Socialista de O Pino. Entre elas, destaca a petición de melloras no CPI Camiño de Santiago, “un centro con máis de 30 anos, que precisa de xeito urxente melloras estruturais importantes como a substitución dos aseos, melloras nos distintos patios e zona de lecer do recinto escolar, melloras na estrutura da escaleira de emerxencia, pintado exterior do edificio ou substitución das canastras de baloncesto”, din os socialistas. A dotación dun ximnasio para o centro escolar, que foi eliminado cando se realizaron as obras de integración da ESO, é outra das melloras demandadas polo PSOE, así como a dotación dunha praza de conserxe, un servizo que foi eliminado en xuño de 2014 tras a xubilación do anterior.
Tamén solicitan que o centro de saúde conte con atención pediátrica diaria. 

Tags: