A Deputación arranxará o tramo da DP-8401 á altura de Agro do Mestre

O actual deputado provincial de Economía, Facenda, Contas, Persoal e Réxime Interior, Antonio Leira, pasou por Trazo recentemente para verificar as actuacións que a Deputación levará a cabo no municipio, entre elas o arranxo do tramo da DP-8401 entre Agro do Mestre (Trazo) e A Tablilla (Cerceda). A comitiva visitou esta estrada, onde o ente privincial mellorará a capa de rodadura dende Castenda ata o seu final, un tramo danado polo tránsito de vehículos pesados.
A obra, segundo Antonio Leira, custará algo máis de 430.000 euros, aínda que a cifra definitiva se coñecerá tras un modificado do proxecto para incluír un pequeno tramo de estrada que discorre por Tordoia. A voceira do PSOE de Trazo, Beatriz Domínguez, destaca que estos traballos “son unha das peticións que lle trasladamos a Antonio Leira nunha reunión previa, na que tamén lle pedimos o reforzo do firme da estrada DP-7804 entre Agro do Mestre e Ponte Albar, a principal vía de comunicación do municipio con Santiago”.
 Os socialistas instan ao goberno de José Dafonte a que axilice o modificado do proxecto de realización de beirarrúas en Agro do Mestre, hoxe paralizadas. A Deputación acomete estes traballos, pero no principio só se contemplaba unha capa de rodadura de 6 centímetros como pavimento e os operarios comprobaron que hai que rasantear a superficie cunha capa previa.

Tags: