Aberto o prazo de inscrición para a excursión á neve

Os rapaces interesados en pasar unha fin de semana esquiando na estación de Cabeza de Manzaneda xa poden inscribirse na Semana Branca que organiza o Concello de Cerceda.A viaxe será, previsiblemente, do 6 ao 8 de febreiro de 2016, coincidindo co Entroido, e o custo total da saída será de 150 euros, coa posibilidade de esquiar en Cabeza de Manzaneda e facer outras actividades.
O prazo para anotarse comezou o 18 de novembro e poden realizarse as solicitudes nas oficinas xerais do Concello de Cerceda.

Tags: