Concerto didáctico no Pecalama

O Colexio Público Integrado Pecalama de Tordoia foi o escenario dun concerto didáctico o pasado 6 de novembro.
 O espectáculo estivo dirixido aos alumnos de infantil e primaria do centro, co obxectivo de estimular a súa sensibilidade musical e fomentar as actividades culturais entre a xuventude de Tordoia.
O Concello foi o encargado de organizar este evento, dentro do programa municipal coñecido como Rede Cultural.

Tags: