Os rapaces do PAI de Tordoia celebran Samaín e un magosto

Os cativos do Punto de Atención á Infancia (PAI) de Tordoia celebraron o Samaín, unha mañá de xogos e diversión na que todos chegaron disfrazados e degustaron petiscos con esta temática. Ademais, o 13 de novembro tivo lugar un magosto no que puideron degustarse castañas e varios biscoitos, un acto ao que acudiu o alcalde, Antonio Pereiro, e varios membros da corporación.

Tags: