Entrevista a Inés Fernández

Inés Fernández (Campos, Tapia 1983) é maestra nel CRA Ría del Eo. Estrenóuse como escritora col conto As tres xarolas, dirixido a rapacíos d’educación primaria. Está editao pola Asociación de Vecíos de Campos “La Unión” e ten coas ilustracióis de Miriam Díaz. Atópase distribuido polas librerías da zona d’Occidente.

- Que son "As tres xarolas"? 
- El significao de xarola é, atolarada, que fai as cousas sin pensar. El título del conto rinde homenaxe a mía bola que, d'un xeito cariñoso,  chamábame asina de nena.
- Nayundes, unde ta ambientada a hestoria, é un pueblo piquenín que ben podera ser Campos, el tou. A dúas das protagonistas nun yes fía muita gracia ter qu'ir vivir alí. Como foi a túa infancia? Botabas en falta vivir nun sito máis grande, con máis cousas que fer?
- Nayundes podera ser el meu pueblín natal, peró nun lo é. Nayundes simboliza a outro pueblín al que tuven qu'ir por circunstancias profesionales: máis concretamente, San Antolín D'Ibias. Alí m'instaléi durante un  curso escolar, y alí conocín ás protagonistas que deron nacemento a estas hestorias y a estas aventuras. A dúas das protagonistas nun yes fía miga de gracia ir pr'alí porque nun taban avezadas a sitos tan piquiníos y el sou esmolemento era pensar en qué poderían fer alí, naquel sito tan recóndito y escondido. Si algo me gusta nesta vida é lo rural, é cómo me criéi, con quén xoguei, con quén me rin, con quén disfrutéi... y, por eso, si penso na mía infancia, si penso nel meu pueblín, sempre se me dibuxa úa sonrisa na cara. Por eso nunca botéi en falta vivir noutro sito, nin máis grande nin máis pequeño.
- El libro ¿ta basado nas túas aventuras? 
- Sí. Son hestorias vividas en primeira persona, que quixen transformar y adaptar pra os rapacíos y rapacías. Parecéronme hestorias chocantes y penséi que, si yes añadía un pouco d'humor, poderían gustaryes a os nenos y as nenas.
- Qué te motivóu a escribir a hestoria en gallego-asturiano?
- El motivo principal é que me criéi falándolo, y nun podía publicalo noutra lingua que nun fose el gallego-asturiano. Ademáis outro dos motivos que me chamóu foi a escasez de matrial de gallego-asturiano col que nos atopamos nas aulas.
- Esmoler, chirleira, estarabouzo, falangueira, esvoceirar, undequera... El conto usa vocabulario que se ta perdendo entre os máis pequenos? 
- Pois sí, tristemente son palabras que se tan perdendo. Quixen utilizalas porque me parecen palabras  mui prestosas  y que deberían de volver ás nosas casas xa que caracterizan á nosa zona.
- Fixiche úas marionetas pra contar a historia nas escolas da zona. Como reaccionan os pequenos? Gústayes a historia?
- Sí, fixen as marionetas das protagonistas y con ellas teño a intención de fer a presentación del conto, que será nel mes d'agosto en Tapia. Con elas tamén contaréi el conto polas escolas. Esa é a mía intención. Nun podo contestar á pergunta de si yes gusta porque einda nun tuven a oportunidá de cuntáryelo. Peró a esperiencia díceme que sí. As marionetas son un recurso mui prestoso pra todos os rapacíos y rapacías, y espero qu' asina lo siga sendo.

Tags: