Non hai debate

O PP rexeitou participar no debate electoral proposto por 23 asociacións culturais e deportivas  que se reuniron por primeira vez o pasado 29 de abril en San Cosme para organizar esta proposta. As asociacións pretendían xuntar aos tres candidatos. BNG e PSOE aceptaron, pero tal como sospeitaban os membros dalgunhas das asociacións, o PP non aceptou. O alcalde e candidato popular, Alfonso Fuente, argumentou “o desacordo co formato proposto para contestar ás demandas ou preguntas das Asociacións” e prefire “evitar calquera tipo de confrontación entre veciñas e veciños”.

Tags: