Premio ás mellores fotografías

O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, entregou a finais de novembro na Casa da Cultura os premios aos gañadores do Concurso Fotográfico “Touro en imaxes”, que celebraba este ano a súa décima edición.
O rexedor tourense agradeceu a numerosa participación dos veciños neste certame, que ten como obxectivo a promoción das paisaxes naturais e costumes de Touro, e destacou a calidade das obras presentadas.

Gañadores e exposición
A gañadora na categoría xuvenil foi Yandira López, pola súa obra “Calma”. Outros vencedores foron José López, no Premio Natureza, pola súa imaxe “Labradío en Fao”; Paula Castro, Premio Patrimonio, con “Abellas no Cruceiro”; e Adolfo Enríquez, Premio ao Tema Libre, por “Ensoño”.
Todas as fotografías participantes no certamen, ademais das vencedoras, expóñense na Casa da Cultura desde a entrega dos galardóns. O alcalde animou a todos os concursantes e ao público a continuar retratando o municipio coas súas cámaras para que o certame siga medrando.

Tags: