Aprobadas as obras do POS e PAS da Deputación

No pleno extraordinario aprobáronse os Planes provinciais de Obras e Servicios (POS) e de Acción Social (PAS) da Diputación para 2016, unha inversión total de 477.400 euros que contempla melloras en diversos camiños de Tordoia, así como a rehabilitación do local social de Castiñeiro-Andoio, no que se investirá un total de 38.700 euros, e as gradas do campo de fútbol de Gorgullos, por uns 56.200 euros.
Noutro punto da orde do día aprobouse o orzamento para o exercicio 2016 por un importe de 2.615.000 euros. Cabe destacar, segundo indican desde o Concello de Tordoia, que se aumenta o capítulo 1 polo inicio da actividade do Punto de Atención á Infancia e a contratación do seu persoal, ademais do reforzo en Servizos Sociais. O orzamento, que foi aprobado coa abstención de PSOE e BNG, reduce nun 11% o gasto corrente.

Tags: